Vídeos


Leiteiras de Ermelo

 
Vídeo homenaxe ao labor das leiteiras de Santiago de Ermelo ao longo dos anos.


Referencias a Ermelo

 
As mulleres de Ermelo (sé do antigo mosteiro) falan da imaxe da súa parroquia no contexto global da península do Morrazo e a súa relación con Cangas e Moaña.


Ermelo – As leiteiras

 
As mulleres de Ermelo (sé do antigo mosteiro) falan dende o interior da igrexa parroquial do oficio tradicional das leiteiras, ao que se adicaron moitas delas.


Os cultivos do campo

 
As mulleres de Ermelo fálannos dalgúns cultivos propios desa antiga parroquia do Concello de Bueu. Gravación realizada no interior da igrexa parroquial.


O palleiro

 
As mulleres de Ermelo falan de como se facía tradicionalmente un palleiro. Imaxes e voces recollidas no interior da igrexa parroquial de Ermelo.


Gravación completa na igrexa de Ermelo I

 
Primeira parte da gravación completa dos veciños da antiga parroquia de Ermelo na igrexa, onde nos falan de diversas cuestións relativas ao campo, ao labor das leiteiras, aos traballos na industria conserveira, etc.


Gravación completa na igrexa de Ermelo II

 
Segunda parte da gravación completa dos veciños da antiga parroquia de Ermelo na igrexa, onde nos falan de diversas cuestións relativas ao campo, ao labor das leiteiras, aos traballos na industria conserveira, etc.


Comments are closed