Rutas


Igrexa de Ermelo – Río Bouzos

Características

Lonxitude 3,45 Km.
Tempo estimado 2 horas e 40 minutos.
Nivel de dificultade Medio.
Tipoloxía da ruta Circular.
Calzada Terra-pedra.
Altura máxima 431 m.
Altura mínima 326 m.
Información Balizas e paneis interpretativos. Marcas brancas e azuis.

Descrición


O percorrido comeza a carón da antiga igrexa de Ermelo e avanza cara á fonte de pedra. Seguindo as marcas que van pola pista asfaltada (precaución cos vehículos) chegaremos á subida á Paralaia e na primeira bifurcación avanzamos en liña recta e cara a arriba. En breve achegámonos xa á primeira zona encharcada. Subimos á esquerda por un camiño empedrado por onde tamén baixa a auga e despois de atravesar un pequeno bosque de eucaliptos e carballos chegamos á pista forestal que tamén nos conduce á Paralaia. Baixamos collendo o desvío á dereita e en menos dun quilómetro atopamos outra zona encharcada que corresponde co nacente do río Bouzós. Seguimos as marcas e as balizas ata chegar a un impresionante camiño medieval, cun tramo empedrado en moi bo estado de conservación. Ao chegar ao alto xa estamos na estrada que nos conduce, dende o cemiterio, novamente ao punto de inicio: a igrexa parroquial de Ermelo.

Mapa


Descarga



Igrexa de Ermelo – A Paralaia

Características

Lonxitude 3,96 Km.
Tempo estimado 1 hora e 20 minutos.
Nivel de dificultade Medio.
Tipoloxía da ruta Circular.
Calzada Terra-pedra.
Altura máxima 438 m.
Altura mínima 350 m.
Información Balizas e paneis interpretativos. Marcas brancas e azuis.

Descrición


O percorrido iníciase na antiga igrexa de Ermelo e avanza cara á fonte de pedra. Seguindo as marcas que van pola pista asfaltada (precaución cos vehículos) chegaremos á subida á Paralaia e na primeira bifurcación avanzamos en liña recta e cara a arriba. En breve achegámonos xa á primeira zona encharcada. Subimos á esquerda por un camiño empedrado por onde tamén baixa a auga e despois de atravesar un pequeno bosque de eucaliptos e carballos chegamos á pista forestal que nos conduce á Paralaia. Unha vez alí, e se as condicións meteorolóxicas o permiten (néboa), contemplaremos unhas vistas espectaculares das rías. Para regresar ao punto de orixe volvemos sobre os nosos pasos pola pista forestal ata chegar ao primeiro desvío á esquerda, por onde descenderemos. Na baixada teremos dúas opcións: ben coller cara abaixo e achegarnos ao nacente do río Bouzós; ben coller cara á dereita e enlazar co camiño inicial de subida á Paralaia, e dende alí novamente á esquerda até a pista asfaltada e regreso ao punto de inicio: a igrexa parroquial de Ermelo.

Mapa


Descarga



Monte da Esculca – Igrexa de Ermelo

Características

Lonxitude 520 m.
Tempo estimado 20 minutos.
Nivel de dificultade Baixo.
Tipoloxía da ruta Lineal.
Calzada Terra-asfalto.
Altura máxima 413 m.
Altura mínima 364 m.
Información Balizas e paneis interpretativos. Marcas brancas e azuis.

Descrición


O percorrido parte da antiga igrexa de Ermelo e, atravesando a aldea de Ermelo pola metade e sempre en sentido ascendente fixámonos nas indicacións que nos conducen cara á Esculca. No primeiro cruzamento seguimos pola esquerda, e no segundo pola dereita até chegar a unha área recreativa con mesas e asadoiros (consultar datas de utilización fóra do período de risco lumes forestais). Fronte a esta área localízase o Monte da Esculca e a Cruz de Santiago. Regresamos polo mesmo camiño ao punto de inicio: a igrexa parroquial de Ermelo.

Mapa


Descarga



Río Frade – Monte da Esculca

Características

Lonxitude 1,76 Km.
Tempo estimado 30 minutos.
Nivel de dificultade Medio.
Tipoloxía da ruta Lineal.
Calzada Terra-pedra-asfalto.
Altura máxima 401 m.
Altura mínima 246 m.
Información Balizas e paneis interpretativos. Marcas brancas e azuis.

Descrición


O percorrido iníciase na parte alta do río Frade, moi preto do seu nacente. Avanzamos a pista forestal que vai a carón do río e chegamos ao cruzamento do camiño coa estrada pola que transitan os vehículos que acceden á aldea de Ermelo. Cruzamos e avanzamos en liña recta por un fermoso camiño empedrado cheo de diversas especies de fentos ata chegar a un novo cruzamento, a carón do panel da agricultura e as leiteiras. Seguimos rectos pola pista asfaltada e en menos dun quilómetro chegamos a unha área recreativa con mesas e asadoiros (consultar datas de utilización fóra do período de risco lumes forestais). Fronte a esta área localízase o Monte da Esculca e a Cruz de Santiago. Regresamos polo mesmo camiño ao punto de inicio ou ao centro da aldea: a igrexa parroquial de Ermelo.

Mapa


Descarga



Moaña – Ameixoada – Cangas – Monte Carrasco – Liboreiro – Ermelo

Características

Lonxitude 28,7 Km (Ruta BTT).
Tempo estimado 3 horas e 37 minutos.
Nivel de dificultade Medio-alto.
Tipoloxía da ruta Circular.
Calzada Terra-pedra-asfalto.
Altura máxima 436 m.
Altura mínima 6 m.
Información Balizas e paneis interpretativos. Marcas brancas e azuis.

Descrición


Non dispoñible

Mapa


Descarga



Comments are closed