Recomendacións das rutas BTT

  • A contorna pola que vas circular é aberta, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (agrícolas, deportivas, forestais, gandeiras). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa.
  • Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da meteoroloxía do momento.
  • Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. Respecta as zonas privadas.
  • Cómpre levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado.
  • Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos peóns e cumprir coas normas xerais de circulación.
  • É importante circular con seguro. Podes tramitar a túa licenza co seguro incluído na Federación de Ciclismo.
  • É obrigatorio o uso do casco.
  • Indica no Punto de Acollida, ou a algún familiar ou amigo, que ruta vas realizar.
  • Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a meteoroloxía do día.
  • No caso de ausencia de sinais de seguemento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente.
  • Non esquezas revisar o estado da bicicleta.
  • Selecciona o itinerario adecuado en función da túa capacidade física e técnica.

Comments are closed