Orixe do nome “Ermelo”

Textos recollidos de diversas fontes tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativas de Ermelo:


 
[Significado do nome Hermelo.]

muestra

Ermelo. Chámase así unha parroquia de Bueu (Pontevedra) onde nace o río de Frade e un lugar de Sabaxáns (Mondariz, Pontevedra), a beiras dun regato. Á primeira vista parece un diminutivo en -ELLUM, do grecolatino EREMUM ‘ermo’, galego ‘ermo’; é a opinión de Piel, que relaciona con esta palabra varios lugares de Portugal fundándose nunha mención Ermello 1059, pero acontece que o Ermelo de Bueu está testemuñado como Armelu 1199 e mosteiro darmello 1485, ademais de Sanctum Iacobum de Ermello 1151 e Ermelo 1262. É difícil conciliar estas grafías, que levan, por unha parte, a un diminutivo de ermo e, por outra, a un diminutivo de Arma; ambas as dúas cousas son posibles e mesmo pode acontecer que nuns casos a orixe sexa prerromano e noutros, romance. ”


 
Fragmento localizado en Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (2002), escrito por Edelmiro Bascuas.

“No século XI e subseguintes, o nome do mosteiro escribíase sen o H, así: Ermelo. Cando o mosteiro pasa a depender do reino de Castela, no século XV, agrégaselle a letra H. A evolución do nome está asociada ao nacemento e formación do Reino de Galicia e á transformación que vai adquirindo o seu idioma. A área que abrangue Galicia foi ocupada por distintos pobos: iberos, celtas, romanos, que deixaron algún nome ou referencia xeográfica que logo foi adquirido e se mesturou coa lingua dominante seguinte. É por iso que non está claro se Ermelo provén do latín EREMUS, solitario, ou é unha referencia hídrica do idioma celta Armelo. A través de diversos textos antigos que mencionan ao mosteiro pódense apreciar estes cambios sobre o nome:

Ermello (1059)

Armelu (1199 )

Monasterio Darmello (1485)

Sanctun Iacobums de Ermello (1151)

Ermelo (1262)

Como se ve nesta lista en 1262, que é a época de maior esplendor do idioma galego, comeza a escribirse como Ermelo, tendo un parecido coa palabra latina EREMUS. Na lingua galega usábase e escribíase a palabra latina EREMUS como palabra propia do galego. É posible que a partir desa época se aceptase que ese era a orixe e o significado da palabra Ermelo.”


 
[Invasion normanda sobre Santiago de Hermelo.]

“Sábese pola Historia Compostelana que Xelmírez restaurou e no seu caso edificou diversas igrexas galegas. Debe entenderse, pois, que a reedificación da igrexa do mosteiro de Santiago de Ermelo foi produto da súa actividade restauradora, actividade que ata certo punto estaría relacionada coas destrucións debidas ás últimas incursións normandas. A epigráfica alusión a Xelmírez e a súa profusión de datos históricos confirma a política restauradora xelmiriá: mesmo puido suceder que o propio Xelmírez presidise a consagración da igrexa, como outros autores non dubidarían en afirmar.”

“E, sabendo que el foi o gran patrocinador do culto xacobeo, é moi probable
que a restauración da igrexa do mosteiro de Santiago de Ermelo supuxese o cambio da antiga advocación -hoxe descoñecida- pola actual de Santiago. A este respecto o Prof. Delgado estudou casos en que as advocacións dos titulares dalgunhas igrexas foron desprazados pola de Santiago, citando varios exemplos nalgunhas parroquias das provincias de Ourense e Lugo.”


 
[Significado do nome Hermelo.]

“Existen dúas interpretacións sobre o significado do nome Hermelo: a que provén do celta ou indoeuropeo Arma, que nos indica que ten relación coa auga; e a que provén do latín, cuxo significado é solitario ou desértico (lat. EREMUS; gal. ermo). Cando se crea o mosteiro o modo de organización que adquire é o cenobita, isto é, unha comunidade retirada pero en contacto coas xentes que o rodean. Outro xeito de organización era o dos ermitaños, que vivían completamente illados e en soidade (…) O nome Hermelo é unha castelanización do nome galego Ermelo.”

“Ermelo. Se llama así a una parroquia de Bueu (Pontevedra) donde nace el río de Frade y un lugar de Sabaxáns (Mondariz, Pontevedra), a orillas de un riachuelo. A primera vista parece un diminutivo en –ELLUM, del grecolatino EREMUM ‘yermo’, gallego ‘ermo’; es la opinión de Piel, que relaciona con esta palabra varios lugares de Portugal fundándose en una mención Ermello 1059, pero ocurre que el Ermelo de Bueu está atestiguado como Armelu 1199 y monasterio darmello 1485, además de Sanctum Iacobum de Ermello 1151 y Ermelo 1262. Es difícil conciliar estas grafías, que llevan, por una parte, a un diminutivo de ermo y, por otra, a un diminutivo de Arma; ambas cosas son posibles e incluso puede ocurrir que en unos casos el origen sea prerromano y en otros, romance.”

Fragmento localizado en Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (2002), escrito por Edelmiro Bascuas.

Comments are closed