O proxecto Hermelo

O PROXECTO (H)ERMELO

 

Este proxecto propón a recuperación do patrimonio e dos valores paisaxísticos da parroquia de Ermelo por medio da posta en valor do conxunto do patrimonio cultural (material e inmaterial) e natural (medioambiental), adaptando as súas características á contorna na que se atopa.

 

O cerne da actuación será a igrexa parroquial, da que se teñen referencias escritas do século XII, parte do antigo mosteiro. Dentro do obxectivo de revalorización cultural proponse a mellora da accesibilidade dos distintos elementos patrimoniais (principalmente o mosteiro, as fontes tradicionais e os camiños tradicionais); a recuperación do patrimonio inmaterial relacionado coas leiteiras, os cultivos das Chans de Ermelo e as romarías de San Miguel asociadas á tributación ao mosteiro. No marco do obxectivo de revalorización natural proponse a mellora paisaxística mediante a eliminación de puntos de entullo e lixo, a interpretación da vexetación e da fauna dos ríos Frade e Coiro.

 

De tal xeito, quérense acadar os seguintes obxectivos:

 

a)    Recuperar elementos históricos, naturais, culturais e patrimoniais da parroquia de Ermelo.

b)    Conservar o patrimonio natural e cultural.

c)    Concienciar á poboación da parroquia e aos seus visitantes sobre a importancia da devandita conservación.

d)    Mellorar a calidade de vida da poboación da parroquia de Ermelo.

e)    Manter a actividade agrogandeira e forestal existente.

f)     Dinamizar no eido social, cultural e económico a parroquia de Ermelo.

g)    Crear emprego directo e indirecto.

h)   Establecer servizos educativos, culturais, recreativos e ambientais, asociados á valorización do patrimonio cultural e natural da parroquia de Ermelo.

i)     Fomentar actividades turísticas, como o establecemento de novas rutas de sendeirismo e BTT.

j)      Poñer en valor os recursos culturais e históricos da parroquia de Ermelo e do antigo mosteiro.

k)    Poñer en valor os recursos naturais e medioambientais das rutas de sendeirismo da parroquia de Ermelo.

l)     Dotar de materiais interpretativos de alto valor educativo as diversas rutas de sendeirismo.

m)  Contribuír á visualización da parroquia de Ermelo dende o centro da vila de Bueu e dende municipios próximos, tales como Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra, Vigo e Vilaboa.

n)   Introducir as novas tecnoloxías na promoción de elementos históricos, naturais, culturais e patrimoniais da parroquia de Ermelo.

  • o)    Contribuír á conservación do patrimonio inmaterial mediante a dixitalización de documentos sonoros.

Neste proxecto o equipo encargado de documentar os contidos elaborou un catálogo virtual sobre un mapa que xeolocaliza preto de XXX entradas nas que se atoparán:

XXX fotografías

XXX microtopónimos

XX vídeos

XXX minutos de entrevistas

XX km de rutas

E un incalculable número de textos que recollen o coñecemento de varias xeracións de veciños implicados e sensibilizados coa súa contorna.

Comments are closed