Homenaxe do Concello de Bueu ás Leiteiras de Ermelo

O Concello de Bueu deseña unha alfombra dedicada ás Leiteiras de Ermelo no día do Corpus.

O deseño elixido polo grupo de goberno é un motivo onde se le en grandes letras: Hermelo. Este núcleo rural de Bueu centra un dos esforzos do equipo de goberno para que ocupe o lugar que merece na oferta turística da vila. Hai dous meses resaltouse a importancia de Hermelo no nacemento de Bueu como vila e escolleuse a profesión das leiteiras como símbolo deste lugar. Centenares de veciños apuraron onte pola mañá a confección das alfombras florais con motivo da festividade do Corpus en Bueu. Nada de estraño nunha celebración que cobre de colorido as rúas das vilas de gran parte da provincia.

(Nova adaptada de La Voz de Galicia, 23 de xuño de 2014).
 

muestra

Bueu lembra a Ermelo nas súas alfombras.

O concello apostou por reflectir na súa alfombra un dos seus proxectos estrela dos últimos tempos, a recuperación de Ermelo co lema “Cerne do Morrazo”. Non faltaron algúns clásicos como o Museo Massó (cunha parella de noivos), Cáritas, o Club Golfiños ou Párkinson Bueu. O deporte tampouco faltou á cita. O Bueu Atlético de Balonmán reflectiu o equipo de Primeira Autonómica Feminina cun balón nunha man coas unllas pintadas, e repetiu a xeito de efecto publicitario coa I Escola de Verán Pablo Herbello. A Agrupación Deportiva Fútbol Sala Bueu fixo un deseño sinxelo co equipo benxamín A.

(Nova adaptada de Faro de Vigo, 22 de xuño de 2014).

Comments are closed