Ermelo na historia

A continuación, procedemos a presentar unha gran colección de textos recollidos no Arquivo Histórico Nacional, con referencias a Ermelo tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativos. Estes textos datan de fechas moi distantes entre sí, polo que podemos atopar referencias a Ermelo dende celebracións pola restauración dunha igrexa a comezos do século XII ata referencias ás antiguas reparaciones dun mosteiro feitas no ano 2005.

[Ano de 1104. Conmemórase a restauración da igrexa do mosteiro de Santiago de Ermelo, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz.]
muestra
Eclesia nempe ista omnino restaurata esse/

credatur sicut in presenti manet Iacobi/

Apostoli ad Fredenandus abba et abba Arias /

Savariezi.

“Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz.”

Toletum regnante Inperatori Adefonso,/

Galecea limite Raimundus, Didagus Secundus/

Episcopus. Era : Iª : C · XLª II. Fredenandus te fecit.

“Reinando en Toledo o Emperador Afonso; (sendo) Raimundo (de Borgoña, Conde) en terras de Galicia; (sendo) Bispo (de Compostela) Diego Segundo (Xelmírez) Era 1142 (ano 1104) (O Mestre) Fernando edificou (esta igrexa).”

[Inscrición epigráfica localizada á esquerda do altar maior na igrexa de Ermelo.]


 

[2 de xaneiro do ano 1224. O arcebispo de Santiago don Xoán cambia con don Pelaio [domo Pelagio], abade de Santiago de Ermelo, o casal de Portela que foi de don Gómez Pérez [Gomecii Petri], na parroquia de San Martín de Bueu, pola oitava parte da herdade da vila de Villantes e polo que o mosteiro ten Inter Ambos Rios, na parroquia de San Salvador de Coiro. O abade recibe ademais 200 soldos.]

“(…) Ego Fernandus Didaci, notarius concilii conpostellanus iuratus inferfui scripsi et confirmo.”

SANTIAGO, AC, CF 31 (Tombo C), copia simple, en latín, letra carolina.

[8 de xaneiro de 1227. Sancha Núñez [Sancia Nunit] profilla ao seu sobriño Martín Fernández [Martinus Fernandi], ao cal doa diversas propiedades en Toranzo [Toancio], en Bueu, no Salnés e un casal en Ventosela, así como a metade das súas vacas e eguas. Á morte deste os bens citados pasarán ao mosteiro de Santiago de Ermelo.]

“In Dei nomine. Ego Sanci Nunit tibi Martinus Fernandi filio meo. In Domino Deo eterno, salutem amen.”

MADRID, AHN, 1858/4, pergameo, orixinal, latín, letra carolina.


 

[13 de xaneiro de 1243. Pontevedra. Don Martiño Afonso [Martinus Alfonsi] e a súa nai dona Tareixa Egidi [Taresia Egidii], venden a don Martiño Fernández [Martino Fernandi], miles de Bueu, e á súa muller dona Estefanía [Stephanie] todos os seus bens no Morrazo, polos cales reciben o casal de Medelos e 1.400 soldos.]

“(…) Ego Ramirus Pelagii, notarius concilii Pontis Veteris iuratus et vicenotarius M. Alfonsi iurati ab eodem, interfui et notavi et confirmo et ts.”

MADRID, AHN, 1858/9, pergameo, orixinal, latín, letra de imitación de escritura de privilexios.


 

[19 de maio de 1243. Pontevedra. Don Martiño Fernández [Martinus Fernandi], miles de Bueu, doa á súa muller dona Estefanía [Stephanie] o casal de Toranzo e o casal de Medelos [Maadelos].]

“(…) Qui presentes fuerunt: Iohannes Petri de Birile, [...] Fernandi Fuloo de Bueu, testes; Martin Caminius de Portela, testis; Pelagius de Meyro, testis; Petrus Martini / de Ponte Veteri, dictus de Bordel et alii multi. Ego Ramirus Pelagii, notarius concilii Pontis Veteris iuratus exercens officium; M. Alfonsi interfui et notavi et confirmo.”

“Año do nasçimiento de nuestro Señor Jhesu Christo de mill e quinientos e diez e nueve años, dos dias del mes de março. Sepan todos cuantos el presente contrabto de fuero viren como yo Françisco Mendez, vezino de la çibdad d´Orense. Que / soy presente, por vertude del poder que tengo del muy reverendísimo señor don Bernaldo de Vivero, cardenal de Santa María in Portico, estante en corte romana, abbad e perpetuo comendatario del monesterio e abadia de San Juan de Poyo / e su anexo de Santiago d´Ermelo, por sustituiçión en mi fecha por el reverendo señor Ochoa d´Espinosa, protonotario apostólico e procurador prinçipal, que es del reverendisimo señor cardenal e comendatario susodicho (…).”


 

[19 de marzo de 1262. Marina Martínez [Marini Martini] cos seus dous irmáns e o seu marido Xoán Petri [Iohanne Petri], redeiro, venden a don Martín Fernández [Martino Fernandi] de Bueu e á súa esposa dona Estefanía [domne Stephanie] todos os bens que teñen na parroquia de San Martiño de Bueu por 65 soldos leoneses.]

“Facta XºIIIIº kalendas apprilis in era Mª CCCª. Huius rei ts. / Petrus Solia armiger; Petrus de Deo, monacus de Ermelo; Iohannino de Yo; Laurencius Petri clericus; Fernandus Iohannis Castanea armiger. Ego Petrus Fernandi, notarius iuratus Pontiveteris, interfui et confirmo, et a mandato meo / Martinus Iohannis scripsit. Ego Martinus Iohannis, de mandato supradicti Petri Fernandi, notarii, iuratii / Pontis Veteris scripsi.”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1859/4, pergameo, orixinal, latín, letra gótica documental cursiva.


 

[28 de abril de 1262. Xoán Fernández de Bon [Iohannes Fernandi de Voom], fillo de Sancha Luz [Sancia Luz], vende a don Martiño Fernández de Bueu [Martino Fernandi] e á súa muller dona Estefanía [domne Stephanie] a metade das leiras de Vao e de Rebordela, na parroquia de Santa María de Beluso, por prezo de quince sólidos leoneses.]

“Huius rey ts.: Petrus Iohannis de Regeyra, miles; Martinus Pelaii, armiger de Coyro; / Mascia, iograr; Martinus Iohannis, clericus; Petrus Fernandi. / Ego Petrus Fernandi, notarius iuratus de Ponteveteri et de Morrazo, interfui et confirmo et de / mandato meo Dominicus Petri scripsit. / Ego Dominicus Petri de mandato supradicti Petri Fernandi, notarii iurati de Ponteveteri et [de] / Morrazo, scripsit.”

Posible referencia ao xograr Macías [Mascia] o Namorado, vinculado ao Cancioneiro de Baena, elaborado por Xoán Afonso de Baena cara a 1430.

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1859/6, pergameo, orixinal, latín, letra gótica documental.


 

[9 de marzo de 1273. Don Pedro Fernández [Petrus Fernandi], abade de Santiago de Ermelo, concede en usufruto a dona Estefanía [domne Stephanie] de Bueu o casal de Portela, polo que pagará de renda 30 soldos afonsís.]

“A..B..C.- Era Mª CCCª XIª et quot VIIº idus marcii. Notum sit omnibus quod / nos domnus P. Fernandi abbas monasterii Sancti Iacobi de Ermelo, una / cum conventu eiusdem monasterii damus vobis domne Stephanie de / Bueu ad tenendum de nobis in tota vita vestra tantum (sic) illum casale / nostrum de Portela cum omnibus direyturis suis, ad montes et fontes; (…).”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1859/9, carta, pergameo, orixinal, latín, letra gótica cursiva documental.


 

[9 de agosto de 1281. Martín Peláez [Martinus Pelaiz], abade do mosteiro de Santiago de Ermelo e Urraca Martínez [Urraca Martini] de Bueu, en representación do mosteiro de Santa María de Armenteira, de si mesma, e outros, todos eles conxuntamente patróns da metade da igrexa de San Martiño de Bueu, proceden á colación da devandita metade en Xoán Martínez [Iohannes Martini], crego de Bueu.]

“Era Mª.CCCª.XVIIII et quot Vº idus augusti. Notum sit / omnibus quod nos: Domnus Martinus Pelaiz, abbas monasterii Sancti Iacobi de Erme/lo et conventus eiusdem, in unam quartam medietatis ecclesie Sancti Martini de / Bueu (…) Isti sunt testes: Iohannes filius de Bueu, / Martinus Iohannis dictus Caraoo, eiusdem loci; Petrus Barragam, eiusdem loci; / Iohannes Petri, capellanus de Domaio; Dominicus Fernandi de Bueu; Petrus de Deo, / monacus de Ermello; Pelaiz de Meyro et Suerius Pelaiz de Coyro (…).”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1536/5, pergameo, orixinal, latín, letra gótica documental.


 

[1328. Johan Arias, abade de Ermelo, deu a Ruy Gómez por dúas vidas o casar do Carballo, no couto de Meiro, e herdades en Graña e Bueu, agás certas cousas que tiña don Xil, por 25 soldos cada ano e mais a súa parte da quinta e outras herdades que dá Ruy Gómez ao mosteiro para despois da súa vida.]

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1863/7, pergameo, orixinal, galego, letra gótica documental cursiva, ilexible, aparece o resume (regesto) do século XVII que figura no reverso do pergameo.


 

[11 de outubro de 1383. Derradeiras vontades de Teresa Moura de Refoxos [Tareyia Moura de Refoios]. Manda soterrarse no mosteiro de Santiago de Ermelo ao que deixa dúas taleigas de pan; manda que se digan dúas misas a perpetuidade en dito mosteiro con cargo ao casal de Broullón. Hai outras mandas ao mosteiro de San Xoán de Poio.]

“(…) Primeiramente, mando a mina alma a o meu Sennor Jhesu Christo, que a conprou polo seu sange justo preçyoso, et rogo a a Virgeen Santa Maria / sua madre que seia mina avogada con todas las virgeens. Et quando acaesçer meu finamento d´este mundo para Deus, mando enterrar o meu corpo no çimyterio do moesteiro de Santiago d´Ermelo, et mando /y conmigo [du]as talleygas de pan, et mando que me digan y duas myssas para senpre no dito moesteiro o abbade et os monjes do dito lugar por lo meu casal de Broullon que de min ten aforado Johan Fernandes de / Coyro et Ines Rodrigues, sua moller, et am de pagar as ditas duas myssas, et non nas pagando mando que se torne o dito casal a o dito moesteiro (…).”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1867/2, pergameo, orixinal, galego, letra precortesá.


 

[12 de febreiro de 1399. Don Roy Mouriño [Roy Mourinno], abade do mosteiro de Santiago de Ermelo, concede en foro a Roy Lourenzo [Roy Lourenço], escudeiro de Mkoaña e a toda a súa voz o casal chamado de Ares Pérez da Ravela [Ares Peres de da Ravela], na parroquia de San Martiño de Moaña, a condición de que poña viña; pagará as tres cuartes do viño, 16 maravedís e dous capóns.]

“Era do nasçemento de noso Sennor Jhesu Christo de mill et tresentos et noventa et nove annos, doze dias de fevereyro. Sabeam todos que nos, Roy Mourinno, abade do moesteyro de / Santiago d´Ermelo, et Domingo Eanes, et Johan Eanes, monjes do dito moesteyro, todos presentes, por nos et en nume (sic) do dito moesteyro (…).”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1868/3, pergameo, orixinal, galego, letra precortesá.


 

[26 de maio de 1418. Souto. Don Roy Rodríguez Mouriño [dom Ruy Rodrigues de Mourinno], abade do mosteiro de Santiago de Ermelo, segundo enquisa practicada con vedraios e partidore, fai partición do lugar de Souto, na parroquia de Santa María de Cela.]

“Era do nacemento do noso S[ennor Jhesu Christo de mil]l et quatroçentos et dez et oyto annos, viinte et seys / dias de mayo. Sabeam todos que en presença de min, notario et ts. adeante scriptas, estes bedrayos et partydores adeante / contiudos por huna carta d´amostaçoes et por juramento dos Santos Avangeos, departiron et declararon et saca[ron] / parteçoes que se siguen en o lugar de Souto, que esta em figrisia de Santa Maria de Çela, a primeyra et? […]/mento de dom Ruy \Rodrigues de/ Mourinno, abade d´Ermelo.”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1869/10, pergameo moi deteriorado, orixinal, galego, letra percortesá.


 

[31 de agosto ¿? de 1437. Don Gonzalo Martínez [dom Gonçalvo Martines], abade do mosteiro de Santiago de Ermelo, concede un foro a Xoán Rouco [Juan Rouquo], escudeiro.]

“Anno do nasçemento de noso Senor Jhesu Christo de mill / et quatroçentos et trinta et sete annos, o postromeyro dia do mes / d´agosto?. Sabeam todos como nos, dom Gonçalvo Martines abade / do moesteyro de Santiago d´Ermello, et frey Fagundo […] / do dito moesteyro, por nos et en nome do dito moesteyro, damos […] / Juan Rouquo, escudeyro […] / [a]viinça et enpraçamento para senpre valedeyro […] / […] herdamento / […] por tal maneyra et condiçon que dedes / vos et vosas vozes en cada hun anno para senpre a o / dito moesteyro nove […] / sanamente sen preyto et contenda […] / […] vozes (…):”

MADRID, Arquivos Histórico Nacional, pergameo moi deteriorado, orixinal, galego, letra cortesá rústica.


 

[18 de marzo ¿? de 1450. Santiago de Ermelo. Frei Gonzalo Martínez [frey Gonçalvo Martines, abade do mosteiro de Santiago de Ermelo, concede en foro a Gonzalo Carrera, escudeiro de Álvaro Páez de Soutomaior, a dúas voces e vintenove anos máis o lugar de Riofrío, en Santa María de Cela, por pagamento de cen maravedís.]

“Anno do nasçemento do noso Sennor Jhesu Christo de mill quatroçentos et çinquenta annos, dez et oyto dias do mes de março?. Sabeam todos como nos dom frey Gonçalvo Martines abade do moesteyro de Santiago d´Er[melo et] frey […] / […] seendo juntos en o cabidoo do dito moesteyro por tangemento de campaa, segundo que avemos de uso et de costume de nos ajuntar, et entendendo que esto juso contiudo […] / […] lugar do Rio et vinnas del esta […].”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1870/19, pergameo, orixinal, galego, letra cortesá.


 

[20 de maio de 1485. Don frei Juan de Mandayo [dom frey Juan de Mandayo], derradeiro abade de Santiago de Ermelo, concede en foro a Xoán Martínez [Juan Martines], labrador de Meiro, á súa muller Catalina Yáñez [Catalina Yanes] e a dúas voces o casar dos Soliños, que se atopa no couto de Meiro, e a viña das Acindiñas, por pagamento de sesenta celamíns de pan, dous celamíns de trigo e outras prestacións.]

“Anno do nasçemento de noso Sennor Jhesu Christo de mill et quatroçentos oytenta et çinquo annos, viinte dias do mes de mayo. Sabeam todos quantos esta carta de aforamento virem / como eu, dom frey Juan de Mandayo, abade do mosteyro de Santiago d´Ermelo, vendo et entendendo que esto adeante contiudo he feito em probeyto et vali[mento] do dito / mosteyro et beens et posysoons del (…).”

MADRID, Arquivo Histórico Nacional, 1872/2, pergameo, orixinal, galego, letra cortesá.


 

Documento do Arquivo Histórico Nacional, datado en 1519, que fai referencia á vinculación de Santiago de Ermelo co mosteiro de San Xoán de Poio.

“Parroquia anexa de San Xoán do Poio, priorado de Bieitos. Situado en terreo montañoso na maior altura da península do Morrazo (…). O seu clima é algo fresco, a aldea está metida entre montes desertos que a rodean, que a proporción deles está este e o mosteiro nun fondo, e alí están as veigas que sementan.”

Referencias na entrada “Hermelo (Santiago de) no Diccionario Geográfico-Estadístico de España y Portugal de Sebastián de Miñano, Madrid, 1826.


 

“Antigamente este anexo era un priorado dependente do mosteiro de Poio, e aínda se conservan ruínas da casa do prior e dos depósitos dos froitos. Hoxe é un anexo da parroquia de Cela e componse dun só lugar, que é o do seu nome, con 125 habitantes”.

Descrición da parroquia de Santiago de Ermelo a principios do século XX por parte de Xerardo Álvarez Limeses, incluída na Geografía General del Reino de Galicia, A Coruña, 1980.


 

“Onde estaba o mosteiro de Ermelo, do que nada queda, aínda que perdura a lembranza dos monxes no río que cruza parte da parroquia, e ao que chaman río dos Frades nalgún tramo, e río da Igrexa no seu nacemento, por estar nos termos do mosteiro de Ermelo.”

Referencias de Hipólito de Sa Bravo na súa obra El monasterio de Poyo, León, 1985.


 

“Comeza o couto de Hermelo dende o muíño do abade a pedra de Pena Miranda, a fonte de Bouzada, peón de Hermelo, freguesía de Moaña, moño de Corno, tombo de Vesada, Perlaia, porto de Casala, pedra Capoeira, muíño do Abade.”

Referencias ao couto de Hermelo de Sergio Vázquez Rouco, en San Xoán de Poio, monasterio, coto, parroquia, Cambados, 1998.


 

“(…) no remoto monte Ermelo, a máis de 90 Km. de Santiago, e a uns 40 de Pontevedra, existe dende o s. X unha comunidade que ao longo do tempo se sumará ás correntes anovadoras da época xelmiriana –restauración da igrexa- participará en aspectos máis materiais como a reorganización do territorio circundante, e que xunto con outros moitos máis mosteiros, grandes e pequenos, cada un na súa medida, colaborará no despegue da auxe demográfica durante os séculos XII e XIII, ata chegar ás dificultades e crises políticas e de subsistencia do s. XIV, que culminarán a finais do s. XV coa súa anexión ao mosteiro de San Xoán de Poio e fin coma mosteiro independente.”

[Significado histórico de la inscripción: la primera gran inscripción Gelmiriana.]

“Llegados a este punto, es necesario resaltar que la inscripción conmemorativa de la iglesia de Santiago de Ermelo realmente debe considerarse inédita hasta ahora. Sin duda alguna se trata de una pieza de un altísimo valor histórico para Galicia, tanto por su excelente estado de conservación, como por el hecho de ser la única inscripción epigráfica que, aludiendo a Diego Gelmírez expresamente, cuenta con una completísima datación.”

Referencias a Ermelo na obra El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo, de M. Romaní Martínez e P. Otero Piñeyro Maseda, Santiago de Compostela, 2005.


 

“La oscura andadura de este cenobio comenzó, como en tantos otros casos, en los siglos de la Alta Edad Media; más tarde, recuperó su actividad de la mano de Gelmírez, manteniéndose independiente hasta poco antes de concluir el cuatrocientos, cuando se produjo su anexión como priorato al cercano monasterio de San Juan de Poyo. Después ya, su vida fue languideciendo poco a poco y al cabo se convirtió en lo que es hoy; esto es, una más entre las muchas iglesias que salpican y caracterizan el paisaje rural de Galicia”.

Fragmento do prólogo escrito por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés para o libro El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo (2005).


 

“De pequena magnitude, o mosteiro de Santiago de Ermelo pasa por ter sido fundado por san Pedro de Mezonzo, bispo de Iria, ao redor do ano mil. Sobre o 1104 recibiría a regra bieita e, simultaneamente, o seu templo foi reconstruído en estilo románico, pois esa data figura nunha inscrición aínda hoxe visible na súa antiga igrexa monástica. O seu modesto dominio estendeuse pola península do Morrazo, nos arredores do cenobio. A súa escasamente documentada historia medieval contrasta co período da reforma observante posto que, por mor dos seus últimos abades, Ermelo pasa diversas peripecias para rematar, como todas as casas do seu tipo, sendo suprimido e anexionado a outra maior que, no seu caso, foi San Xoán de Poio.”

“En 1485 era abade de Ermelo frei Xoán de Mandaio, quen en 1487 pasa a ser abade de San Pedro de Fóra, en Santiago, mentres que o abade deste, frei Afonso de Mosqueira –que o era desde 1472-, pasa a selo de Ermelo. A pesar do cambio, Mosqueira segue sendo monxe de San Pedro e vive habitualmente en Compostela ata o ano seguinte, 1488, cando desaparece da documentación. O traslado do abadengo dun ao outro cobra especial significación se lembramos que precisamente en 1487 se puña en marcha a reforma observante galega tras a visita dos Reis Católicos ao reino o ano anterior. O cambio debeuse facer en conivencia co arcebispo Fonseca que, vendo o que se lle viña por riba ao monacato, decidiu oporse á reforma como puidera e, ao tempo, levarse para a Mitra xacobea o patrimonio de todos os mosteiros que acadara.”

“Morto Mandaio en 1488, Fonseca apresurouse a facerse cargo dos bens de Ermelo: en 1491 consta que estes estaban xa anexionados a San Xoán de Poio. A anexión debe atribuírse ao arcebispo posto que é el quen, ao entregarlle ao seu fillo, daquela estudante en Salamanca, varios beneficios eclesiásticos propios de Poio di que o fai por virtud de un poder que del reverendo padre el maestro fray Martín d’Aspetia para los presentar tenemos, por ser como es el dicho maestro administrador perpetuo del dicho monasterio de San Juan de Poyo e de su anexo el monesterio de Santiago de Armelo. Deste xeito, e a pesar de non chegar a el os bieitos de Valladolid, o destino de Ermelo foi o mesmo que o de moitas outras casas semellantes ao terminar a súa historia medieval, integrándose no patrimonio doutro cenobio de maior importancia como era Poio.”

Fragmento referido a Santiago de Ermelo en Mosteiros de Galicia na Idade Media, Fco. Javier Pérez Rodríguez, Ourense, 2008.


 

[Invasión normanda sobre Santiago de Hermelo.]

“Se sabe por la Historia Compostelana que Gelmírez restauró y en su caso edificó diversas iglesias gallegas. Debe entenderse, pues, que la reedificación de la iglesia del monasterio de Santiago de Ermelo fue producto de su actividad restauradora, actividad que hasta cierto punto estaría relacionada con las destrucciones debidas a las últimas incursiones normandas. La epigráfica alusión a Gelmírez y su profusión de datos históricos confirma la política restauradora gelmiriana: incluso pudo suceder que el propio Gelmírez presidiese la consagración de la iglesia, como otros autores no dudarían en afirmar.”

“Y, sabiendo que él fue el gran patrocinador del culto jacobeo, es muy probable que la restauración de la iglesia del monasterio de Santiago de Ermelo supusiese el cambio de la antigua advocación –hoy desconocida– por la actual de Santiago. A este respecto el Prof. Delgado ha estudiado casos en que las advocaciones de los titulares de algunas iglesias fueron desplazados por la de Santiago, citando varios ejemplos en algunas parroquias de las provincias de Ourense y Lugo.”

Comments are closed