Patrimonio natural

A antiga parroquia de Ermelo conserva un fermoso patrimonio natural que se vertebra dende o centro da aldea en todas as direccións, e do que cómpre destacar: o río Frade-Bispo, o máis importante de Bueu, e o seu ben conservado bosque de ribeira; o nacente do río Bouzós; e os bosques de castiñeiros e carballos que rodean A Paralaia e o Monte da Esculca.

Os cultivos do campo

_mg_3347_p

O MILLO   Un dos produtos máis cultivados polo home nestas terras de Ermelo, e noutras zonas de Bueu, como a cercana Meiro, foi o millo. En realidade o millo tal e como hoxe o coñecemos apenas ten uns séculos, tras o descubrimento de América, e veu da man do almirante Gonzalo de Castro e da súa muller Magdalena de Luaces dende Florida. No século XVII estendeuse a toda Galicia. Até que isto aconteceu cultivouse outro tipo de millo coñecido como paínzo ou millo miúdo, máis pequeno.   O millo adóitase cultivar polos meses de abril e maio, e para

Ler máis