Patrimonio material

A antiga aldea de Ermelo posúe un rico patrimonio material. Por unha banda destaca a igrexa de Santiago, fundada ao redor do s. X, xunto ao mosteiro prerrománico, na que se conservan unhas inscricións epigráficas referidas ao Arcebispo Xelmírez únicas en Galicia. Pola outra, diversos elementos da arquitectura rural: a fonte, o lavadoiro, os camiños empedrados... E finalmente, a Cruz de Santiago, que coroa o Monte da Esculca.

O mosteiro

cruz ermelo

A vila ou poboación de Ermelo aparece frecuentemente ligada ás rutas do románico galego, xa que foi neste lugar onde naceu un dos primeiros e máis importantes mosteiros beneditinos na Idade Media. O de Ermelo engádese a unha rede de mosteiros que conforman unha grande unidade que se estende ao longo do conxunto do territorio galego. A documentación que se depositou nestes mosteiros é un dos instrumentos máis destacados que nos dá pé a coñecer a situación económica e social durante a Idade Media e épocas posteriores, especialmente no período que se estende até a coñecida como “desamortización de Mendizábal”.

Ler máis