Ermelo goza dun extraordinario patrimonio inmaterial, tal e como se reflicte nas múltiples lendas e contos localizados principalmente na Paralaia, que teñen como protagonistas a mouros, princesas, vellas e mozas virxes. A estes súmanse as lembranzas das leiteiras que, durante moitos anos, levaron o prezado alimento ao centro de Bueu dende as montañas de Ermelo.
Category Archives: Patrimonio inmaterial
Ermelo na historia

A continuación, procedemos a presentar unha gran colección de textos recollidos no Arquivo Histórico Nacional, con referencias a Ermelo tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativos. Estes textos datan de fechas moi distantes entre sí, polo que podemos atopar referencias a Ermelo dende celebracións pola restauración dunha igrexa a comezos do século XII ata referencias ás antiguas reparaciones dun mosteiro feitas no ano 2005. [Ano de 1104. Conmemórase a restauración da igrexa do mosteiro de Santiago de Ermelo, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz.] Eclesia nempe ista omnino restaurata esse/ credatur sicut in presenti manet
Orixe do nome “Ermelo”

Textos recollidos de diversas fontes tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativas de Ermelo: [Significado do nome Hermelo.] Ermelo. Chámase así unha parroquia de Bueu (Pontevedra) onde nace o río de Frade e un lugar de Sabaxáns (Mondariz, Pontevedra), a beiras dun regato. Á primeira vista parece un diminutivo en -ELLUM, do grecolatino EREMUM ‘ermo’, galego ‘ermo’; é a opinión de Piel, que relaciona con esta palabra varios lugares de Portugal fundándose nunha mención Ermello 1059, pero acontece que o Ermelo de Bueu está testemuñado como Armelu 1199 e mosteiro darmello 1485, ademais de Sanctum Iacobum
Cantigas de Macías o Namorado

Cantigas de Macías o Namorado, posiblemente o xograr do que se conserva unha cita documentada nun pergameo referido a Ermelo e datado no 28 de abril de 1262. Estas composicións foron recollidas no Cancioneiro de Baena, que foi elaborado cara a 1430 por Xoán Afonso de Baena, secretario de El-Rei Xoán II, a modo de agasallo para o monarca. Toda a bibliografía deste xograr vincúlao á localidade de Padrón, pero a partir do documento localizado no Arquivo Histórico Nacional pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio, que se publica no libro El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo
Lendas
A COVA DOS MOUROS Un día, un home viu unha morea de pedras que no medio tiña un burato. Por curiosidade entrou polo estreito burato e mentres descendía comprobou que as paredes do seu redor estaban escritas. Ao chegar á metade do camiño observou a un home vestido de negro rodeado de esqueletos. Asustado, correu cara á saída e viu como unha luz amarela entraba na cova e guiaba ao mouro cara ao ceo. OS MOUROS DO LOBOREIRO Nos Montes Xistro e Liboreiro (Loboreiro) andaban a minar tres mouros que foron expulsados do lugar polo apóstolo Santiago que, igual
O proxecto Hermelo
O PROXECTO (H)ERMELO Este proxecto propón a recuperación do patrimonio e dos valores paisaxísticos da parroquia de Ermelo por medio da posta en valor do conxunto do patrimonio cultural (material e inmaterial) e natural (medioambiental), adaptando as súas características á contorna na que se atopa. O cerne da actuación será a igrexa parroquial, da que se teñen referencias escritas do século XII, parte do antigo mosteiro. Dentro do obxectivo de revalorización cultural proponse a mellora da accesibilidade dos distintos elementos patrimoniais (principalmente o mosteiro, as fontes tradicionais e os camiños tradicionais); a recuperación do patrimonio inmaterial relacionado coas
A visita de Frei Martín Sarmiento

Ademais dos datos históricos e da documentación que se conserva sobre o mosteiro, existe un libro escrito por Frei Martín Sarmiento en 1745[1], durante unha das súas viaxes a Galicia, no que relata a súa estadía neste mosteiro. Nel fala dos coutos de Hermelo e Meiro, dos poucos veciños que tiña e da súa localización, nun lugar privilexiado para a observación da costa e da xeografía galega. No interior da igrexa fai referencia á existencia de sepulturas con representacións de báculos. Frei Martín Sarmiento defínea coas seguintes palabras: «la iglesia de Hermelo es muy antigua y pequeña, parecida