Información

Nesta sección poderá atopar unha recopilación de interesantes artigos sobre Santiago de Ermelo e o seu patrimonio material, inmaterial e natural.

O mosteiro

cruz ermelo

A vila ou poboación de Ermelo aparece frecuentemente ligada ás rutas do románico galego, xa que foi neste lugar onde naceu un dos primeiros e máis importantes mosteiros beneditinos na Idade Media. O de Ermelo engádese a unha rede de mosteiros que conforman unha grande unidade que se estende ao longo do conxunto do territorio galego. A documentación que se depositou nestes mosteiros é un dos instrumentos máis destacados que nos dá pé a coñecer a situación económica e social durante a Idade Media e épocas posteriores, especialmente no período que se estende até a coñecida como “desamortización de Mendizábal”.

Ler máis

Ermelo na historia

A continuación, procedemos a presentar unha gran colección de textos recollidos no Arquivo Histórico Nacional, con referencias a Ermelo tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativos. Estes textos datan de fechas moi distantes entre sí, polo que podemos atopar referencias a Ermelo dende celebracións pola restauración dunha igrexa a comezos do século XII ata referencias ás antiguas reparaciones dun mosteiro feitas no ano 2005. [Ano de 1104. Conmemórase a restauración da igrexa do mosteiro de Santiago de Ermelo, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz.] Eclesia nempe ista omnino restaurata esse/ credatur sicut in presenti manet

Ler máis

Orixe do nome “Ermelo”

Textos recollidos de diversas fontes tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativas de Ermelo:   [Significado do nome Hermelo.] Ermelo. Chámase así unha parroquia de Bueu (Pontevedra) onde nace o río de Frade e un lugar de Sabaxáns (Mondariz, Pontevedra), a beiras dun regato. Á primeira vista parece un diminutivo en -ELLUM, do grecolatino EREMUM ‘ermo’, galego ‘ermo’; é a opinión de Piel, que relaciona con esta palabra varios lugares de Portugal fundándose nunha mención Ermello 1059, pero acontece que o Ermelo de Bueu está testemuñado como Armelu 1199 e mosteiro darmello 1485, ademais de Sanctum Iacobum

Ler máis

Cantigas de Macías o Namorado

Cantigas de Macías o Namorado, posiblemente o xograr do que se conserva unha cita documentada nun pergameo referido a Ermelo e datado no 28 de abril de 1262. Estas composicións foron recollidas no Cancioneiro de Baena, que foi elaborado cara a 1430 por Xoán Afonso de Baena, secretario de El-Rei Xoán II, a modo de agasallo para o monarca.   Toda a bibliografía deste xograr vincúlao á localidade de Padrón, pero a partir do documento localizado no Arquivo Histórico Nacional pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio, que se publica no libro El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo

Ler máis

Lendas

A COVA DOS MOUROS Un día, un home viu unha morea de pedras que no medio tiña un burato. Por curiosidade entrou polo estreito burato e mentres descendía comprobou que as paredes do seu redor estaban escritas. Ao chegar á metade do camiño observou a un home vestido de negro rodeado de esqueletos. Asustado, correu cara á saída e viu como unha luz amarela entraba na cova e guiaba ao mouro cara ao ceo.   OS MOUROS DO LOBOREIRO Nos Montes Xistro e Liboreiro (Loboreiro) andaban a minar tres mouros que foron expulsados do lugar polo apóstolo Santiago que, igual

Ler máis

O proxecto Hermelo

O PROXECTO (H)ERMELO   Este proxecto propón a recuperación do patrimonio e dos valores paisaxísticos da parroquia de Ermelo por medio da posta en valor do conxunto do patrimonio cultural (material e inmaterial) e natural (medioambiental), adaptando as súas características á contorna na que se atopa.   O cerne da actuación será a igrexa parroquial, da que se teñen referencias escritas do século XII, parte do antigo mosteiro. Dentro do obxectivo de revalorización cultural proponse a mellora da accesibilidade dos distintos elementos patrimoniais (principalmente o mosteiro, as fontes tradicionais e os camiños tradicionais); a recuperación do patrimonio inmaterial relacionado coas

Ler máis

Os cultivos do campo

_mg_3347_p

O MILLO   Un dos produtos máis cultivados polo home nestas terras de Ermelo, e noutras zonas de Bueu, como a cercana Meiro, foi o millo. En realidade o millo tal e como hoxe o coñecemos apenas ten uns séculos, tras o descubrimento de América, e veu da man do almirante Gonzalo de Castro e da súa muller Magdalena de Luaces dende Florida. No século XVII estendeuse a toda Galicia. Até que isto aconteceu cultivouse outro tipo de millo coñecido como paínzo ou millo miúdo, máis pequeno.   O millo adóitase cultivar polos meses de abril e maio, e para

Ler máis

A estrutura do mosteiro

O mosteiro de Ermelo, tendo en conta as estruturas doutros edificios semellantes en Galicia e mais as construcións que hoxe en día sobreviven na parroquia, debeu constar dun corredor que comunicaba a igrexa (aínda existente) cun claustro porticado; dous edificios que conterían o refectorio, a cociña, a adega e os dormitorios; un patio a carón do claustro e dúas construcións anexas que probablemente se empregarían como cortes para os animais (cabalos, porcos, vacas e ovellas), propiedade dos monxes.   O antigo cemiterio localizaríase no adro da igrexa. A elección de Ermelo como lugar para a instalación dun mosteiro non foi

Ler máis

As leiteiras

As campesiñas que viven a carón das vilas e das cidades tiñan nestes grandes núcleos de poboación unha importante fonte de ingresos co leite, tal e como aconteceu coas afamadas leiteiras de Ermelo que, cada día, acudían ao centro da vila a repartir o seu prezado alimento. Moitas das leiteiras de Ermelo compaxinaban este labor co seu traballo nas conserveiras.   En xeral, as leiteiras traían á vila non só o leite da súa facenda senón que tamén mercaban o sobrante das outras casas do lugar e mesturábase co seu, malia que algunhas traían por separado o de cada casa.

Ler máis

O arcebispo Xelmírez

Diego Xelmírez, fillo terceiro do conde Xelmiro, naceu en terras de Catoira ou Padrón ao redor do ano 1059. Foi o primeiro arcebispo de Santiago e máximo impulsor da construción da catedral compostelá. Exerceu inicialmente coma notario do conde de Galicia, Raimundo de Borgoña, xenro de Afonso VI de León e Castela, quen lle axudou a ser nomeado bispo en 1100.   A súa boa relación con Roma axudoulle a conseguir que a diocese acadara o arcebispado en 1120, ademais de amplos poderes, como a posibilidade de impartir xustiza e cuñar moeda. Defendeu a costa galega dos numerosos ataques normandos

Ler máis