Eventos

Neste apartado pode consultar novas sobre diferentes eventos relacionados coa parroquia de Ermelo.

Premio Ermelo 2015

_DSC5293

Nesta edición de 2015, o Concello de Bueu decidiu instituír o PremioErmelo, que se outorgará anualmente a unha personalidade da zona que salientepolos seus valores investigadores e de traballo a prol da historia e da culturados pobos do Morrazo. Nesta ocasión outorgóuselle ao mestre e erudito Arturo Sánchez Cidrás. Discurso de Loa a Arturo Sánchez Cidrás do Concelleiro de Patrimonio de Bueu, Martín Villanueva.

Actividades 2015

_DSC4466

II XORNADAS ERMELO, CERNE DO MORRAZO Durante a fin de semana do 24 e 25 de xullo de 2015 leváronse a cabo as II Xornadas Ermelo, Cerne do Morrazo, que continuaron o espírito das convocadas en 2014. Deste xeito, na primeira xornada o protagonismo recaeu nas conferencias pronunciadas por D. Manuel Uxío García Barreiro e D. Calixto Escariz Vázquez, presentados polo arqueólogo de Estela, empresa organizadora, Francisco Alonso Toucido. Tamén nesa primeira xornada recolleron os galardóns de Ermelo, entregados polo concelleiro de Patrimonio de Bueu, D. Martín Villanueva, os alcaldes de Bueu, Félix Juncal; Cangas, D. Xosé M. Pazos; e

Ler máis

Actividades 2014

destacadaactividades

Ao longo da fin de semana do 9, 10 e 11 de maio de 2014 leváronse a cabo unha serie de actividades (vid. programa adxunto), no que se deu a coñecer algúns dos aspectos máis sobranceiros desta antiga parroquia de Bueu. Ademais de conferencias, visitas guiadas, proxeccións audiovisuais, actuacións musicais, rutas nocturnas e feira popular, o Concello de Bueu promoveu unha homenaxe ás antigas leiteiras de Ermelo que durante o século XX atravesaron os camiños do municipio levando este preciado alimento ao centro da vila. Este é o inicio dunha serie de xornadas que van ter continuidade ao longo do

Ler máis

Homenaxe do Concello de Bueu ás Leiteiras de Ermelo

Alfombra Leiteiras

O Concello de Bueu deseña unha alfombra dedicada ás Leiteiras de Ermelo no día do Corpus. O deseño elixido polo grupo de goberno é un motivo onde se le en grandes letras: Hermelo. Este núcleo rural de Bueu centra un dos esforzos do equipo de goberno para que ocupe o lugar que merece na oferta turística da vila. Hai dous meses resaltouse a importancia de Hermelo no nacemento de Bueu como vila e escolleuse a profesión das leiteiras como símbolo deste lugar. Centenares de veciños apuraron onte pola mañá a confección das alfombras florais con motivo da festividade do Corpus

Ler máis

Os promotores

Os promotores deste proxecto son os veciños de Ermelo e mais o Concello de Bueu que, xunto co GDR 19 (Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo), a Consellería de Medio Rural, o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, e a Unión Europea, cofinancian todas as iniciativas que aquí se definen.