Aviso Legal

Política de privacidade.
 
A páxina web de Ermelo mantén un absoluto respecto polos datos que aquí se acheguen e pola privacidade dos seus usuarios. Toda a información contida, así como os datos que se obteñen pasan a ser supervisados polos servizos legais do Concello de Bueu, que cumpre estritamente a Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, LOPD.
 
Se quixer exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre calquera dato só ten que remitir a súa solicitude xunto cunha copia do NIF do titular a ermelo@concellodebueu.org ou mediante correo postal a:
 
Concello de Bueu.

Rúa Eduardo Vincenti, nº8

36930, Bueu (Pontevedra).
 
Ningún dos datos aquí achegados serán cedidos a terceiros, son absolutamente confidenciais e tratados co máximo coidado. O sistema de seguridade impide a súa perda e evita a alteración ou accesos non autorizados.
 
Ao navegar por esta páxina xéranse cookies que son precisas para o funcionamento dalgunhas partes do web e para extraer estatísticas das visitas recibidas.
 
Se tes algunha dúbida a respecto da nosa Política de Protección de Datos, entra en contacto connosco a través de ermelo@concellodebueu.org
 
Condicións xerais de uso do sitio web

O Concello de Bueu, con domicilio na rúa Eduardo Vincenti nº 8, 36930, Bueu, Pontevedra, con CIF E-3600400-J pon a disposición no seu sitio web www.santiagodeermelo.org determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.
 
As presentes condicións xerais regulan única e exclusivamente o uso deste sitio web por parte dos usuarios que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñense ao usuario no sitio web www.santiagodeermelo.org en todas e cada unha das páxinas e cada vez que o usuario introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, as garde e acepte a través de internet, sen que poida o usuario introducir os seus datos antes de que se produza tal aceptación.
 
Este acceso web implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o usuario afirma comprender na súa totalidade. O usuario comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen para a realización de actividades contrarias ás leis e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
 
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.-  A utilización deste sitio web non comporta a obrigatoriedade de inscrición do usuario, agás que este desexe utilizar as bases de datos de artigos existentes en www.santiagodeermelo.org onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. A subscrición regularase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web guíanse estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a realizar bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente o Concello de Bueu prohibe o seguinte:
 
1.1.1- Levar a cabo accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas do Concello de Bueu ou a terceiros.
 
1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (‘spaming’), o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (‘mail bombing’).
 
1.2.- O Concello de Bueu poderá interromper en calquera momento o acceso ao este sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou as presentes condicións xerais (ver cláusula quinta).
 
SEGUNDA.- CONTIDOS

Os contidos incorporados a este sitio web foron elaborados e incluídos por:
 
2.1.- O Concello de Bueu a través do Proxecto para a Recuperación de Elementos Históricos, Naturais, Culturais e Patrimoniais da parroquia de Ermelo utiliza fontes propias e externas.
 
2.2.- Terceiros alleos ao Concello de Bueu sexa mediante colaboracións directas no sitio web, sexa a través de hiperenlaces ou links a outros sitios web ou a novas doutros sitios dos que non é titular o Concello de Bueu. O Concello de Bueu en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todos os links ou hiperenlaces.
 
O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web do Concello de Bueu non fará uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web.
 
2.3.- O Concello de Bueu resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes neste sitio web.
 
TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA

O Concello de Bueu informa que o sitio web www.ermelo.org, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web se atopan plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos agás consentimento expreso do Concello de Bueu. O  Concello de Bueu usa fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece links ou hiperenlaces a artigos de información de terceiros citando sempre as fontes. O lexítimo titular dos dereitos de autor desas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.
 
CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais guíanse pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Pontevedra renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera corresponderlle.
 
QUINTA.-

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e serán interpretadas tendo en conta as vontades das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O Concello de Bueu poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás recoñecemento expreso por parte do Concello de Bueu.

Comments are closed