Actividades 2014

muestra
Ao longo da fin de semana do 9, 10 e 11 de maio de 2014 leváronse a cabo unha serie de actividades (vid. programa adxunto), no que se deu a coñecer algúns dos aspectos máis sobranceiros desta antiga parroquia de Bueu. Ademais de conferencias, visitas guiadas, proxeccións audiovisuais, actuacións musicais, rutas nocturnas e feira popular, o Concello de Bueu promoveu unha homenaxe ás antigas leiteiras de Ermelo que durante o século XX atravesaron os camiños do municipio levando este preciado alimento ao centro da vila. Este é o inicio dunha serie de xornadas que van ter continuidade ao longo do tempo.

Comments are closed