Actividades 2015

muestra

II XORNADAS ERMELO, CERNE DO MORRAZO

Durante a fin de semana do 24 e 25 de xullo de 2015 leváronse a cabo as II Xornadas Ermelo, Cerne do Morrazo, que continuaron o espírito das convocadas en 2014. Deste xeito, na primeira xornada o protagonismo recaeu nas conferencias pronunciadas por D. Manuel Uxío García Barreiro e D. Calixto Escariz Vázquez, presentados polo arqueólogo de Estela, empresa organizadora, Francisco Alonso Toucido. Tamén nesa primeira xornada recolleron os galardóns de Ermelo, entregados polo concelleiro de Patrimonio de Bueu, D. Martín Villanueva, os alcaldes de Bueu, Félix Juncal; Cangas, D. Xosé M. Pazos; e Moaña, Dna. Leticia Santos. A música do violoncello e do violín acompañaron os diversos actos. No segundo día, coincidindo co Día de Galicia e do Apóstolo Santiago, o Concello de Bueu homenaxeou ao mestre e investigador, D. Arturo Sánchez Cidrás, pola súa contribución ao enriquecemento histórico e patrimonial da vila de Bueu. O discurso de loa foi pronunciado polo concelleiro de Patrimonio de Bueu, D. Martín Villanueva, e o galardón entregouno o alcalde de Bueu, D. Félix Juncal. O acto rematou coas gaitas interpretando o Himno Galego.

Comments are closed