A visita de Frei Martín Sarmiento

Ademais dos datos históricos e da documentación que se conserva sobre o mosteiro, existe un libro escrito por Frei Martín Sarmiento en 1745[1], durante unha das súas viaxes a Galicia, no que relata a súa estadía neste mosteiro. Nel fala dos coutos de Hermelo e Meiro, dos poucos veciños que tiña e da súa localización, nun lugar privilexiado para a observación da costa e da xeografía galega. No interior da igrexa fai referencia á existencia de sepulturas con representacións de báculos.
 

muestra

Frei Martín Sarmiento defínea coas seguintes palabras:
 
«la iglesia de Hermelo es muy antigua y pequeña, parecida a la del Tambo y a la de la Misarela, con división para la capilla mayor […] la misma iglesia de Hermelo, la cual es muy antigua aunque renovada, de una sola nave pequeña y con capilla mayor como separada y cerrada…».
 
A seguir, reproducimos unha serie de textos recollidos de diversas fontes tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativas de Ermelo:
 
“Ten Hermelo dous coutos, un o de Hermelo e outro o de Meiro, xunto a Bueu. En Hermelo pasei a noite. É un sitio alto e case deserto, pois só terá 20 ou 30 veciños. Ten ao oriente o monte alto Paralaia, e ao poñente, a cousa de medio cuarto de legua, está o monte da Esculca, o cal é coma serra de norte a sur e da cal se descobre infinito.”
 
“Á tardiña subín á Esculca co fin de verse ocultar o sol e por estar anubrado non se notou cousa especial. Pero si rexistrei infinito mar, bocas de rías, rías, puntas, etc. Divísase o de O Grove, o de A Lanzada, Portonovo (que miran á punta de Udra ou Beluso). O de San Xenxo (que mira á punta de Bueu), e o mosteiro de Poio cara ao nordés.”
 
“Vese preto a punta de Bueu ou monte Cabalo. A illa Onza, a grande de Ons, e o Centulo. A punta de Udra ou Beluso, a punta de Hío ou do Couso, e a ría de Aldán, que entra polas ditas dúas puntas. Vense as illas de Syas ou de Baiona. Vese a ría de Vigo, e o Monte Real, ou o de Baiona, é un dos mellores puntos de visión que se pode imaxinar.”
 
“A igrexa de Hermelo é moi antiga e pequena, semellante á do Tambo, e á da Misarela, con división para a capela maior. Hai varias sepulturas e unha cun báculo, outra con cinco liñas latinas e letras góticas, que ocupan toda a lousa, que está no chan. Copiei moito dela e parece ser da era MCXv (1140) e é de notar o Xv do 40 gótico.”
 
“No priorado de Santiago de Hermelo ou de Ermelo (acaso de heremus, heremita, heremitellum), da nosa orde de San Bieito e anexo ao noso mosteiro de San Xoán de Poio estiven, vin a igrexa, e nela as sepulturas son de lousas enteiras. Algunhas teñen esta ou a outra insignia, coma báculo, etc.”
 
“Na mesma igrexa de Hermelo, a cal é moi antiga aínda que renovada, dunha soa nave pequena e con capela maior como separada e pechada, hai outra inscrición latina non en sepultura do chan senón en dúas paredes distintas, e son as que fan de costas aos dous colaterais altares. Hai cinco liñas nunha e cinco noutra, pero seguen o contexto. Non se poden ler porque o impiden os altarciños colaterais. Pero con facilidade poderanse apartar e lerase todo.”
 
“(…) Hay outra inscrición latina non en sepultura do chan senón en dúas paredes distintas, e son as que fan de costas aos dous colaterais altares. Hai cinco liñas nunha e cinco noutra, pero seguen o contexto. Non se poden ler porque o impiden os altarciños colaterais. Pero con facilidade poderanse apartar e lerase todo. Aínda se le cara ao recanto: ARIAS… OBIT (…) Acaso será rótulo do que está soterrado no chan entre os dous colaterais, cuxa lousa ten debuxado un báculo. Acaso sería abade de Hermelo este Arias. Hai noticia en Poio de don Xoán Arias, abade de Hermelo.”
 
“Nos altares colaterais da igrexa (Yglesia) deste Priorado, detrás dos retablos está escrito en letras góticas os epitafios seguintes: detrás do altar de San Xoán que é do lado do evanxeo di así: Ecclesia menpe ista omnino restaurata esse credatur sicut in presenti manet Jacobi Appostolo ad Ferdinandibus abb. et Aries. Detrás do altar de San Bieito que é o do lado da epístola di así: Toletum regnante imperatori ad fine Galletia limite Raymundus. Didacus sed. s ep s era lcxy = Ferdinandibus fecit. O un depende do outro, eu escribino aquí como o achei escrito sen quitar nin poñer letra, cada cal adxective o latín como puidera. Escribina para que sexa notorio a todos.”
 
“Hai varias sepulturas e unha cun báculo… Unha sepultura ten unha inscrición ao longo toda, e que ocupa cinco liñas de letras góticas maiúsculas. Era xa tarde e estaban cheas as letras de terra, e así non puiden copiar máis que as seguintes: Requiescit… Joanes Nucizi / … cum Christo regnat / coronatus… / Rogate Deo precibus exhorate dimitat / culpas… / … sub celo comisas qui obit / die X Kalendas Septembris. / Era MCXV 38 in Sancti Jacob, et in urbe / Ferdinandus Abarus, o Albarus.”

[Copia da inscrición da sepultura segundo Frei Martín Sarmiento.]


 
“(…) Alí, din, hai tradición que, andando un bispo ou arcebispo á visita, morrera en Hermelo. Acaso estaría sepultado aquí. Pero xa hai tempo, que serve de sepultura común, pois está no chan, e haberá tres anos que alí se soterrou unha vella.”

Viaxe a Galicia de 1745, Frei Martín Sarmiento, edición de J. L. Pensado, Salamanca, 1975.


 
“En cada vila murada ten que haber un deses mestres que se poderán chamar catedráticos. A primeira condición que ten que ter o futuro catedrático é que haxa de ser galego polos catro costados (…) E sería mellor que o Padre Astete, ou outro calquera, se traducira en galego puro e que por ese catecismo galego se examinasen os nenos, mulleres, aldeáns e se lles escoitase en penitencia (…) Nisto apálpase o absurdo desatino de admitir en Galicia por curas a uns “truchones” que non son galegos nin saben unha palabra nesa lingua.”

“Non sei como toleran os bispos que curas que non son galegos nin saben a lingua, teñan emprego ad curam animarum e, sobre todo, a administración do santo sacramento da penitencia. Que é o coloquio dun penitente rústico e galego e un confesor non galego, senón un entremés de xordos?”

Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, Frei Martín Sarmiento, edición de J. L. Pensado, Salamanca, 1975.

Comments are closed