Actividades 2014

Ao longo da fin de semana do 9, 10 e 11 de maio de 2014 leváronse a cabo unha serie de actividades (vid. programa adxunto), no que se deu a coñecer algúns dos aspectos máis sobranceiros desta antiga parroquia de Bueu. Ademais de conferencias, visitas guiadas, proxeccións audiovisuais, actuacións musicais,...

Cantigas de Macías o Namorado

Cantigas de Macías o Namorado, posiblemente o xograr do que se conserva unha cita documentada nun pergameo referido a Ermelo e datado no 28 de abril de 1262. Estas composicións foron recollidas no Cancioneiro de Baena, que foi elaborado cara a 1430 por Xoán Afonso de Baena, secretario de El-Rei Xoán...

A visita de Frei Martín Sarmiento

Ademais dos datos históricos e da documentación que se conserva sobre o mosteiro, existe un libro escrito por Frei Martín Sarmiento en 1745[1], durante unha das súas viaxes a Galicia, no que relata a súa estadía neste mosteiro. Nel fala dos coutos de Hermelo e Meiro, dos poucos veciños que...

Ermelo na historia

A continuación, procedemos a presentar unha gran colección de textos recollidos no Arquivo Histórico Nacional, con referencias a Ermelo tal e como aparecen publicados nos paneis e balizas interpretativos. Estes textos datan de fechas moi distantes entre sí, polo que podemos atopar referencias a Ermelo dende celebracións pola restauración dunha...

O mosteiro

A vila ou poboación de Ermelo aparece frecuentemente ligada ás rutas do románico galego, xa que foi neste lugar onde naceu un dos primeiros e máis importantes mosteiros beneditinos na Idade Media. O de Ermelo engádese a unha rede de mosteiros que conforman unha grande unidade que se estende ao...

Benvido á páxina web de Santiago de Ermelo

Os contidos que aquí se atopan pertencen a un proxecto promovido polo Concello de Bueu e os veciños da antiga parroquia de Ermelo vinculado á recuperación do seu patrimonio e dos valores paisaxísticos desta contorna, por medio da posta en valor do conxunto do patrimonio cultural (material e inmaterial) e natural (medioambiental).


Patrimonio material

Ermelo conserva numerosos valores históricos materiais, dende a destacada igrexa de Santiago do s. X ata distintos elementos arquitectónicos rurais como fontes, camiños, etc.

Patrimonio inmaterial

Contos, lendas e unha ampla memoria histórica conforman o patrimonio inmaterial da parroquia de Ermelo e os seus arredores.

Patrimonio natural

Situado nunha localización xeográfica privilexiada, Ermelo atópase nun entorno natural onde se pode apreciar a diversidade da flora e fauna que habita os seus ríos e bosques.
Accede a distintos recursos informativos acerca da antiga parroquia de Santiago de Ermelo e da súa contorna natural.